Hola!! Bueno, para clase tenía que hacer un post sobre redes sociales,
he hecho un podcast para que escuchen todos los que quieran. En vez de
transcribir lo que digo en el podcast, prefiero copiar para ustedes un
artículo que he encontrado en la Revista R, el número 81, de abril de
2007
sobre el NETWORKING. ¡Muy interesante!
Los que no quieran escuchar mi (horrenda) voz o prefieran leer, voy a limitarme a copiar el artículo (en galego) de la revista R porque realmente está bien explicado. Por cierto, me ha sorprendido gratamente encontrar (casi cuando estaba por tirar la revista) ese artículo: no podía creer que algo que daba en clase salí en la revista de R, parece surreal ¿no?

Mi podcast


El artículo que me gustaría compatir con ustedes si aún tienen dudas de lo que son las Networking

O networking consiste en desenvolver a nosa propia rede de contactos profesionais e persoais. Permítenos acceder a persoas que nos interesan ou que nos pode interesar coñecer nun futuro pero que agora non coñecemos. A idea é que é posible chegar a eles a través dos nosos contactos actuais.
Existen diversas teorías que calculan o conxunto de relacións persoais que pode anter un individuo. Por exemplo, un antropólogo da Universidade de Londres asegura que a mente humana non é capaz de manter relacións estables con máis de 150 persoas, mentres que un psicólogo da Universidade de Harvard firmou que calquera persoa na Terra pode estar conectada con outra a través unha cadea de coñecidos que non ten máis de seis intermediarios. Aproveitar precisamente os contactos persoais é o obxectivo dunha morea de novas redes profesionais que se está abrindo camiño aos poucos representadas por comunidades de relacións como eConozco ou Linkedin.
A ideade partida das redes profesionais é que, cando necesitamos contactar con outras persoas que non coñecemos, buscamos a axuda dos nosos contactos
ou persoas de confianza, pois eles poden facernos chegar a elas e, ademais, darlles referencias nosas tamén de confianza. Calquera profesional coñece a importancia de ter, desenvolver e cultivar unha boa rede de contactos.
O obxectivo principal das redes de contactos profesionais en Internet é precisamente este: aumentar a nosa eficiencia laboral e poñer ao noso alcance mellores oportunidades de traballo coidando e ampliando a nosa rede de contactos. Así, podemos encontrar novos empregos, socios para emprender con éxito, novos clientes para aumentar o noso negocio, mellores provedores para ser máis competitivos e contactos en xeral que nos proporcionen novas oportunidades. Nalgúns círculos profesionais, como os relacionados coas tecnoloxías, este tipo de redes convertéronse case nun paso obrigado para progresar, e moitos cazadores de talentos acoden a elas co fin de atopar o perfil
ideal para un determinado posto. Moitos profesionais utilízanas tamén para restablecer contacto con antigos compañeiros de universidade ou con antigos colegas de traballo aos que lles perderon a pista. E moitas outras persoas úsanas para contactar con empregados de empresas nas que están a piques de aceptar un emprego e descubrir deste modo cal é o ambiente, regras e funcionamento laboral nelas, así como o seu grao de satisfacción. Evidentemente, o que conta para que estas redes funcionen é, en esencia, o número de profesionais que aglutinen e o seu ámbito xeográfico. Loxicamente todas elas intentan ser globais pero o certo é que o idioma aínda conta. Así, Linkedin segura posuír unha rede de máis de nove millóns de profesionais expertos distribuídos por todo o mundo e pertencentes a 130 sectores profesionais distintos. En España, unha empresa de consultoría lanzou no 2003 eConozco.com, que no 2005 acadara os 100.000 usuarios co mesmo obxectivo que Linkedin, contactar con outros profesionais a través dos teus coñecidos de confianza. eConozco.com incorpora ademais servizos especialmente dirixidos a grupos ou asociacións profesionais xa existentes que lles queiran ofrecer un servizo relacional aos seus membros a través dunha plataforma tecnolóxica. Estes grupos teñen un funcionamento independente da rede de contactos que cada usuario poida construír en eConozco. En suma, as redes de networking profesionais non
substitúen a maneira tradicional de relacionarnos e facer contactos novos, pero si poden multiplicar a eficacia dos nosos contactos, espremendo ao máximo o seu potencial de valor. Hai un risco xa detectado nas máis importantes: o chamado spam social, que converte a rede nunha selva chea de cazadores de contactos ou talentos. Pero a mala xestión que das redes poidan facer algúns usuarios
puntualmente non limita o seu potencial.
por Núria Almiron

Les dejo tambiénel blog de Núria Almiron.
Y además un post que escribió sobre podcasting: todo está relacionado con mi blog


tan fácil como…

Rexistrarse e invitar
Apuntarse a unha rede como eConozco.com é fácil e abonda con seguir os pasos que se nos indican:
1_Primeiro introducimos os nosos datos persoais, que eConozco garante baixo unha cláusula de privacidade.
2_Despois definimos o noso perfil introducindo os nosos datos laborais: industria e sector, experiencia laboral e situación actual.
3_Finalmente recoméndasenos que invitemos a eConozco a toda a xente que coñezamos, pois a rede que crearemos consiste nos nosos contactos e os contactos que estes contactos engadan e os contactos destes contactos, etc.

Unha vez rexistrados accedemos á páxina ou menú
principal, dende o que podemos consultar información
da rede a cada momento (cantos contactos directos
temos, cantos son membros da nosa rede, cantos
están situados na mesma localización xeográfica que
nós, cantos no noso mesmo sector), a lista doutros
membros da rede que comparten o noso perfil, os
últimos anuncios que poden sernos de interese
e todos os datos do noso perfil, que podemos ampliar
e modificar cantas veces consideremos necesario.
Linkedin
eConozco